Carnés de Socios do ANPA Sanxuvite: Descontos e Usos


Descontos en establecementos asociados:

De momento, compartimos convosco a lista de empresas coas que chegamos a acordo e as condicións dos descontos:

  • QUOMO: 10% de desconto amosando o carné de socio.

  • CARLIN: 5% de desconto.

  • LIBRARÍA EL PUEBLO: 10% de desconto en material escolar e un 5% en libros (de texto non incluídos).

  • TECNIDAE: 10% de desconto en servizos de psicoloxía e neuropsicoloxía (primeira consulta).

  • FLIPOPARK: 5% de desconto en menús.

  • DECIMAS: 10% de desconto en produtos non rebaixados.

  • SUBE A MI NUBE: 15% de desconto.

  • NEUMÁTICOS COTOBADE: 10% de desconto (non acumulable con outras promocións).

  • ALADDIN PARK: 5% de desconto.

  • NOBEL: 5% de desconto en libros e 10% en material escolar e xogos (durante o curso escolar).

Seguimos traballando para ampliar esta lista e informaremos sobre novas incorporacións en canto as teñamos.

Se tedes algunha dúbida ou suxestión, non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdo, A directiva do ANPA Sanxuvite