FESTA DO ENTROIDO 2025
Grazas de corazón a todas as persoas que onte participastes na nosa festa do Entroído! A recadación obtida irá destinada á asociación e servirá para financiar parte dos gastos da festa.
Tamén queremos agradecer á panadaría A Doce Delicia pola súa colaboración, doando os pans para os perritos deliciosos que desfrutamos onte.
Hoxe estamos agradecidas e agradecidos, tamén moi felices porque todo o traballo realizado serviu para desfrutar todas e todos dunha tarde fantástica. Agardamos que o pasarades en grande e vémonos na próxima!
Moitísimas grazas!