🌿 Excursión á Illa de Ons – Pechamos o curso cun día moi especial!

Dende o ANPA SanXuvite queremos convidar a todas as familias do CEIP Tenorio a participar nunha actividade moi especial para celebrar o final de curso: unha xornada de convivencia na Illa de Ons, o domingo 1 de xuño.

Esta saída está pensada para todas as idades e combina natureza, aprendizaxe, tempo libre e moita diversión. Será unha oportunidade perfecta para desfrutar en familia, coñecernos mellor entre todas as familias do centro e rematar o curso escolar cun recordo inesquecible.

📌 Información xeral da actividade:

🔹 Data: Domingo, 1 de xuño
🔹 Lugar de saída: Cada familia desprazarase cos seus propios medios ata Portonovo, onde colleremos o barco ata a illa
🔹 Ruta guiada pola mañá: visitaremos a illa acompañados por guías especializados. Cada neno/a recibirá un caderno de campo para completar durante o percorrido
🔹 Xantar libre: cada familia traerá a súa comida
🔹 Actividade infantil pola tarde: os nenos e nenas participarán nunha actividade organizada con monitores/as, mentres os adultos dispoñerán de tempo libre para gozar da contorna
🔹 Os horarios exactos de saída e regreso confirmaranse máis adiante


Esta excursión conta cunha subvención do programa "+Convivencia" da Deputación de Pontevedra,