O noso ANPA pon en marcha un programa de igualdade para familias e alumnado
Na primavera, o noso ANPA presentou un proxecto para unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade e déronnola.
Grazas a iso, a partir do 1 de outubro poñemos en marcha diferentes actividades:
Sesións no horario escolar só para nenos e nenas.
Espazos para compartir en familia: charlas, unha xincana de corresponsabilidade, un Escape Room e máis propostas.
Estes son os carteis. En breve iremos contando algunha charla máis.
Agardamos contar coa vosa participación, porque sabemos que xuntas e xuntos medramos máis. 💜